jueves, 30 de julio de 2020

Bañobre, un topónimo menos en -obre

Decidímonos a sacar da lista dos topónimos en -obre ó topónimo Bañobre de Miño e Guitiriz, tras atopar un curioso Brañoves en As Pontes, ó noroeste de Suarriba - Somede. Como derivados do prerromán braña o fenómeno da metátese da vibrante explica a alternancia Brañoves / Bañobre, singularizado. Probablemente dun *branna oves = braña de ovellas.

O feito de atopar unha braña (terreo de montaña enchoupado) fosilizada no topónimo Bañobre de Miño, nunha zona actualmente dominada pola paisaxe de marismas e xuncais entre as desembocaduras dos ríos Baxoi e Xario, retrotráenos a uns 7000 anos BP, ós momentos previos á formación da lagoa litoral na desembocadura do Baxoi, pechada pola formación dunar da praia de Miño. Temos que imaxinar, entón, unha paisaxe cunha cota marítima moito máis baixa, sen dunas e sen lagoa, un entorno no que Bañobre sería efectivamente un pasteiro de montaña nun val.

Bañobre é, polo tanto, un topónimo cuxa prerromanidade absoluta é datable pola paleopaisaxe, situándose nos inicios do Holoceno, tras a transgresión Flandriense. O pasteiro nomeado polo ser humán, cazador-proto-pegureiro, antecede uns 5000 anos á fundación do castro, cuxa situación podería ter estado determinada pola do complexo pasteiro-pazo (Pazo de Bañobre).

No hay comentarios: