A finais dos anos setenta, na vila de Ayora (Valencia), uns exploradores do Grupo Arqueológico de la Vall de Ayora acompañaron ó técnico do Servizo de Investigación Prehistórica da Deputación, o señor Aparicio Pérez, na exploración da "Cueva de las Putas". O técnico deixounos estas notas sobre o sitio: "la zona en que esta se halla fue motivo de una visita hace ya tiempo, a consecuencia del hallazgo de unos restos humanos que resultaron no ser antiguos". Na opinión do técnico "por los resultados de la exploración y por los materiales recuperados, se puede afirmar que se trata de una cueva santuario de época ibérica" (La labor del Servicio de Investigación Prehistórica y su museo en el pasado año, Deputación de Valencia, 1978).
Toponimia prerromana, hidronimia paleoeuropea, etnografía, megalitismo e arte rupestre. Se chegaches aquí por Google e non te levou á entrada que procurabas, volta a repetir a búsqueda dende Bing! ou usa o buscador interno do blog. Grazas!
miércoles, 7 de octubre de 2026
Covas das Putas: a arqueotoponimia na perfilaxe do locus operandi dos depredadores sexuais
"Cueva de las Putas" de Ayora, no extremo inferior dereito da imaxe, sobre a "Cueva Llana", na cartografía do IGN.
Moi preto da Romana (Tous - Valencia), onde apareceran en 1993 os corpos torturados e asasiñados das nenas de Alcásser nunha das casillas ou casetas de labor da paraxe, localízase outra cova chamada "Cueva de las Putas" na cartografía do IGN, preto da antiga Vereda ou Cordal de Ganados que supoñemos orixinou o topónimo viario de La Romana.
Na esquina inferior esquerda, a "Cueva de las Putas" de Tous; na zona superior dereita, La Romana e Corral de la Romana; en diagonal e dende o lateral esquerdo ó borde inferior, Caballón de la Romana, por cuxa base discorría o cordal para gando.
Outra cavidade chamada "Cueva de la Puta", no Cuaderno de Campo da delimitación entre Montealegre del Castillo (Albacete) e Yecla (Murcia), 1875 (IGN).
A cavidade da "Cueva de la Puta" entre Montealegre del Castillo (Albacete) e Yecla (Murcia) xa aparecía mencionada nunha delimitación do ano 1338: "Et pusieron otro mojón en vn portiello que está cabo una senda que salle de la Fuente del Pino e va fazia el Pozuelo de la Figuera. Et pusieron otro mojón en vna loma que está sobrel villareio cabo la senda que va a la Cueva de la Puta" (Losa Serrano, El señorío de Montealegre, 1995).
Pola rexión de Albacete e Murcia tamén se extendeu a cultura ibérica, sobreposta ó arte rupestre levantino, o que nos dá pé a facer algunha consideración sobre o nome da "Cova de les Dones" / "Cova Dones" de Miralles (Valencia), municipio situado entre Ayora e Tous. Na devandita cova crese que no século I houbo un culto ou ritual no que as mulleres tiñan un papel moi relevante, pois se atoparon inscricións con numerosos nomes femininos, así como o que poderían ser ofrendas votivas a unha posible deusa, DOMINA ( = "señora"), que en varias inscricións aparece ligada á palabra MALACI.
Sendo MALACUS un termo latino do eido sexual, que fai referencia a mozos moi seductores e atractivos (metrosexuais) que tanto mantiñan relacións cos homes como coas mulleres (Lawson Brawley, Biblical Ethics & Homosexuality, 1996), cremos que efectivamente na Cova de les Dones de Miralles se practicaron ritos sexuais iniciáticos ou de tipo orxiástico nos que as mulleres eran as protagonistas. Co devir cultural, ou mellor, coa degradación cultural implementada polo patriarcado, que implicou a degradación da muller e o seu sometemento ó home, estes santuarios onde se practicarían certos cultos mistéricos nos que as relacións sexuais e peticións puideron estar investidas de ritualidade e connotacións sacras, pasaron de ser centros de culto femininos (Covas das Mulleres) a se considerar prostíbulos (Covas das Putas).
Por suposto que o feito lingüístico de nomear ou renomear as covas co nome de "Cueva de las Putas" permite achegarse e completar o perfil psicolóxico do depredador sexual, que en realidade sería un puteiro asasino e futuro serial killer. No nome desvergoñado de "Cueva de las Putas" queda patente o desprezo e odio que sente polas mulleres, o seu retraso socio-cultural, baixo cociente intelectual e analfabetismo moral, o que conduce ó seu ensañamento coas vítimas (obxectos). Un experto criminólogo poderá sacar conclusións mellores que as miñas neste campo do perfilado psicolóxico. Nós só pretendemos centrarnos, non no famoso modus operandi nin no perfilado dos puteiros asasinos, senón no asunto menos traballado do locus operandi ou territorio no que este tipo de criminal executa os seus crimes ou elixe as súas víctimas, máis aló da tipoloxía ó uso (rúa escura, bosque tenebroso, interiores de vivendas, etc.).
Non nos parece casual que no medio rural abrupto que enxendrou a antiga cultura ibérica, percorrido por cordais gandeiros, sementado de casetas agrícolas e sendas descoñecidas que só se poden identificar grazas á cartografía antiga, apareza o espeleotopónimo "Cueva de las Putas", en paraxes onde se produxeron alomenos catro crimes (restos de ósos modernos na cova xa referida de Ayora, e mailo triple crime das nenas de Alcásser na Romana, preto da outra cova de Tous). A cribaxe toponímica permite completar, polo tanto, o locus operandi dos depredadores sexuais do rural levantino, e contribúe a afinar o perfilado psicolóxico destes.
En Galicia non temos este espeleotopónimo, que é exclusivo do Levante, mais desgrazadamente iso non nos librou da lacra de empregar o mesmo sistema de explotación sexual das mulleres máis pobres. Existe polo menos un abrigo rupestre que foi vivenda dunhas mulleres que exercían a prostitución. No monte Xalo, nunha casarula tal que así, se non era esta mesma, viviron unha nai e maila filliña. A nai, degradada moralmente pola pobreza e a prostitución, non puña impedimento a que os puteiros se deitasen coa filla, e para facilitarlles o coito dicíalles: "bótalle aceite!".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario