domingo, 13 de septiembre de 2020

Deberes do comezo do curso: Castro Vicente


 Monte de Castro Vicente, preto de Viladarcas e xunto ó Pazo de Mende (Vilasantar).

1. Atopar o Castro Vicente que orixina o nome do monte. O microtopónimo aparece agochado nos datos do parcelario (fichas ás que se accede premendo sobre os números das parcelas cando se ten activada a capa catastral).

2. Atopar os étimos que orixinan ámbolos dous topónimos, Vicente e Biqueira.

3. Conclusións que se poden artellar sobre a formación da paisaxe castrexa a partir da proposta etimolóxica.

A traballar rapazada!

2 comentarios:

IF dijo...

E a aldea Viladarcas que aparece abaixo á dereita tamén semella interesante.

Andregoto Galíndez dijo...

Claro, moi interesante.