sábado, 13 de noviembre de 2021

Madrosende


 Madrosende en Casaldabade (Tordoia).

Levamos un tempo defendendo unha etimoloxía paleoeuropea para estes nomes en -sende, "camiño", contra vento e marea da hipótese colonial, que sostén que son nomes orixinados a partir dos posuidores xermanos que chegaron a Galicia a establecer os seus reais (v. El topónimo Gosende como indicador de sendas pecuarias neolíticas).

Neste caso, ademáis, o requerido nome propio *Matrosindo brilla pola súa ausencia, non existiu, a pesares de que pola web circula unha forma suposta reconstruída ou inventada, e que debe ir precedida en todo caso dun asterisco. Nin aparece na base de datos do CODOLGA nin nos corpora de antropónimos específicos.

Na nosa proposta, Madrosende ten que ser evidentemente un composto do proto-céltico *sentu-, "camiño", máis o hidrónimo tambén paleoeuropeo matr-, "nai da auga" (v. por exemplo o hidrónimo Matrona). Xustifícase aquí pefectamente por nomear a zona da divisoria de augas onde nacen os tributarios que van cara o río principal. Madrosende é, entón, o camiño das nascentes.

3 comentarios:

Carlos dijo...

Cal sería o suposto étimo xermánico de Formosende (Fene), pregúntome.

JMBello dijo...

¿Fermosindo?

Andregoto Galíndez dijo...

Pois si, nesta ocasión hai un antropónimo xermánico compatible, como di o señor Bello: Fremosindo, e Fromosindo. Paréceme mais difícil atopar un nome xermánico para Castrosende e Cristosende.