A Medorra do Medio do Capitán (límite entre os concellos de Ordes e Cerceda) aparece descrita no deslinde de 1924 (IGN) porque un dos seus chantos de pizarra fora utilizado como termo ou mollón: "una piedra de pizarra que tiene cuarenta y siete centímetros de altura, veintiocho de ancho y diez de espesor [...] que se encuentra en la zona de monte conocida en el país con el nombre de Medorra do Medio do Capitán, en un enterramiento primitivo que en el país llaman mámola o medorra".
A continuación, e a uns 200 metros, descríbese outra pedra de pizarra similar no lugar de Areosa, tamén utilizada como mollón (posiblemente chantada sobre outro túmulo), polo que pensamos que as dúas mámoas inventariadas por Patrimonio no lugar, a mámoa de Areosa e a da Abeleira, situadas moi próximas entre si ó leste de GESUGA, serían estes dous túmulos que se mencionan no deslinde dos concellos de Ordes e Cerceda do ano 1924, que daquela aínda terían algún dos chantos da cámara á vista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario