Foilebar (A Arcoia - Pobra do Brollón).
A microtoponimia revélanos un antigo foxo de paredes converxentes ou trampa para cazar o lobo, logo completamente parcelada para uso agrícola, en A Arcoia (Pobra do Brollón - Lugo). E faino dobremente, co microtopónimo Foilebar (< fogium lupale = foxo do lobo) e, no bico do mesmo, o microtopónimo Pena das Cabras, onde se ubicaría unha cabriña como reclamo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario