Ven de saír do prelo o último número da revista Fol de Veleno, anuario de antropoloxía e historia de Galicia editado pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), onde publicamos unha síntese dos traballos que fixeramos sobre a lenda medieval (s. X) de Septemsiderus (ou Setestrelo), o heroe fundador da Gallaecia, e que constitúe a máis antiga lenda fundacional do país, anterior incluso á que se contén no Lebor Gabála Érenn (s. XI).
O noso traballo conclúe, por non destripalo totalmente, con novedosas aportacións no eido da investigación das relacións entre literatura oral (contos marabillosos) e historia, entendida no senso primitivo como un mito cosmogónico ou fundacional. As devanditas conclusións teñen o seu complemento noutra investigación que publicáramos na revista electrónica SAGA. Revista dixital de investigación (nº4, 2022), da mesma Sociedade Antropolóxica Galega: "DINDSHENCHAS. Lendas etiolóxicas toponímicas ou A1617 (“Origin of Place Name”): Da etimoloxía toponímica á mitoloxía da paisaxe".
No hay comentarios:
Publicar un comentario