domingo, 1 de noviembre de 2020

O ciclo do toxo: un exemplo de sustentabilidade

 

Pisando toxo na Irlanda. (C) Ulster Folk & Transport Museum Collections.

Verea y Aguiar na súa Historia de Galicia esmilagrábase de como valorabamos os nosos costumes cando viñan sancionados polos de fóra: "Una prueba de la crasa ignorancia que hay sobre las cosas de Galicia es lo que he visto en una de las Gacetas de Madrid hacia el año de 18: en ella se dio la interesante noticia de que en Irlanda sirve de excelente alimento para el ganado vacuno en el invierno el tojo pisado. En Galicia es muy común esto desde tiempo inmemorial: se pisan las ramas de este arbusto, y mezclado con hierba se forma una especie de pasta que nutre perfectamente y cría la delicada carne del buey cebón. Pero esta noticia nada valía, si no viniese de Irlanda" (Historia de Galicia, 1ª ed. 1838*, Imprenta de Nicasio Taxonera, Ferrol, px. 86-87).

Agora atopamos outra referencia ó toxo como penso, na descripción dos Montes de Brión (Ferrol): "los montes están poblados en tojos, que es un arbusto de corto tamaño y duración, imitante a la ulaga, los que sirven para leña y a propósito para cocer pan; cuando son tiernos los cortan para pisarlos y mantiene el ganado vacuno, cabruno y mular en el invierno, cuando los campos no tienen hierbas" ("Montes de Brión y la Villa de la Graña", por José Castroviejo Barreiro, 1798 - Diccionario Geográfico de España: La Coruña y Lugo, Tomás López, f. 400).

Mazadoiro de toxo en Cabreiros (Xermade - Lugo). (C) Fotografía por cortesía de Miguel Losada.

Por que non saiu adiante a máquina trituradora de toxo para penso que presentou Rof Codina no seu artigo "Interesante máquina trituradora de tojo" (El Progreso Agrícola y Pecuario, 15-03-1913)? Pois porque o ciclo do toxo non remata inmediatamente nos billetes do ciclo do eucalipto ós que nos teñen acostumados; o ciclo do toxo é longo e sustentable: cómese (como penso fai unha carne de calidade), cágase (fai o estrume que fertiliza os campos), é un combustible barato, fai un mel boísimo... Demasiado bó e respetuoso coa natureza como para servir ós intereses do capitalismo depredador. Poderán facerse kleenex da celulosa do toxo? A cousa cambiaría entón.

Nestes tempos de reciclaxes mal entendidos nos que se confunde a simple reutilización co reciclado, coa  participación da materia nun sistema produtivo que abrangue varias utilidades económicas para voltar sobre se mesma, teriamos que recuperar o vello ciclo do toxo, e tambén estudalo e propoñelo como modelo a imitar para reverter a insostible situación produtiva actual. Velaí un dos estudos dos que estamos a falar: "Aprovechamiento del matorral como combustible en calderas de biomasa", Irene Mediavilla", 2017 (7º Congreso Forestal Español - Plasencia).


*O meu exemplar foi atopado a piques de ser tirado nun contedor de reciclado de papel.


4 comentarios:

Unknown dijo...

Parabens

Unknown dijo...

Con respecto o do toxo, falta lubrificante que alguien comprou a sua patente pa eliminala da competencia como era o lubrificante" da flor de toxo"

Andregoto Galíndez dijo...

Grazas! Non será carburante do que falas?

Unknown dijo...

Era un aditivo pa añadir os carburantes chamabase "sol fuerza " e obtiñase da flor de toxo, en un principio era un carburante pero o gobierno non podía aplicarlle o impuesto dos hidrocarburos e solo podía comercializarse como aditivo,de eso xa fai tempo.....