martes, 9 de mayo de 2023

A Ficheira

 


A Ficheira é unha rúa de Pitões das Júnias que leva este nome por baixar en parelelo a unha pequena fecha, do latín fistula, "canle de auga". Co sentido de fervenza ou pequena caída de auga, recollera José Luis Pensado A Ficheira de Entrimo (v. Cabeza Quiles, Toponimia de Galicia, 2008).


Pequena canle de auga ou ficheira entre o rueiro de Pitões das Júnias. 

No hay comentarios: