lunes, 1 de mayo de 2023

Limiñoa

 

Situación de Limiñoa (Ponteceso) na marxe ou límite de varias parroquias.

Do latín limen, -inis, "porta, entrada, límite", xurdirían os derivados Limiñoa (Cores - Ponteceso) e Limiñón (Abegondo e Chantada). Pero para Isidoro Millán González-Pardo "este topónimo, que asciende a una base *liminiola, pertenece al tema de significado hídrico, probablemente, a que asciende el griego limen, "laguna", o el nombre de nuestro río Limia. Presumo que se relaciona, topográficamente, con el sinuoso curso y primitiva apelación del río que atraviesa la parroquia, conocido por río das Chancas, o Xaveira, o río de Mens o de Vaa" ("Toponimia de Ponteceso", Cuadernos de Estudios Gallegos, 1993-4).

Dunha forma diminutiva *lim(i)niolos, xurdiría, con asimilación regresiva l-n > n-n *Limñós > Niñóns (Ponteceso), tamén nun límite parroquial. Aínda que Isidoro Millán facíao provir de *Nemeniolos, base que xa aparecía nun documento do ano 860: Nemenio > Nemeño.

1 comentario:

Carlos dijo...

Li(Mens), Cangas