sábado, 8 de agosto de 2026

Lubre

Os que esteades interesados en coñecer a milenaria historia do substantivo e topónimo Lubre (Ares e Bergondo) teredes que consultar a miña contribución publicada no libro-disco que ven de editar o grupo de música folk galega "Luar na Lubre. 40 aniversario" (Baía Edicións, 2026). As pistas musicais poden escoitarse de balde no Youtube Lubre. 40 aniversario grazas á xenerosidade do grupo, pero os interesantísimos traballos de varios autores que se inclúen no libro, comezando pola resolución do misterio da orixe da palabra lubre, só están ó alcance dos afortunados que se fagan co libro. Así de dura é a vida ás veces! Ogallá que todo o mal do mundo fose este...

Na fotografía vai un anaco do meu estudo, "Dous mil anos da historia do substantivo lubre", pxs. 29-33. 

Gustáranme especialmente as pistas dedicadas a "Maeloc", que mestura en tres movementos música bretoa, e a do "Heicho de dar", coa colaboración das voces das pandereteiras "Airiños de Fene". Un gran traballo dos nosos Chieftains.

No hay comentarios: