Recuperamos unha antiga tradición que existía no século XVIII en Niñóns (Ponteceso) sobre invasores que chegaran por mar ás poboacións máis próximas á Costa da Morte. No texto descríbense como mouros, pero ben sabemos que baixo este étnico adoitaban agocharse sen diferenciar tanto os musulmáns como os lordomani (normandos, ou vikingos), é dicir, calquera pagán ou infiel.
"La feligresía de S. Juan de Niñóns se halla situada en la falda del monte que se llama de Santa Marina haciendo espalda al mar por poniente de la travesía, donde se halla el puerto llamado de Niñóns y sólo a la vista del mar está la iglesia de aquella feligresía con bastante peligro, por la invasión del Moro, por cuyo motivo estuvo sin sacramentar aquella iglesia, por haber sucedido (según tradición antigua) esa desgracia" - Dicionario Xeográfico de Tomás López, fol. 187 - provincia de A Coruña. A noticia da invasión e o abandono da igrexa de San Xoán, como doutras igrexas costeiras na época das invasións vikingas, ven na descrición da parroquia de Niñóns que lle remitiu a Tomás López o capelán Josef Antonio Freyre de Andrade no ano 1775.
No hay comentarios:
Publicar un comentario