Toponimia prerromana, hidronimia paleoeuropea, etnografía, megalitismo e arte rupestre.
Se chegaches aquí por Google e non te levou á entrada que procurabas, volta a repetir a búsqueda dende Bing! ou usa o buscador interno do blog. Grazas!
Indícame o investigador local Manuel Ruibal, veciño de Rodís, que na catalogación de bens patrimoniais da Xunta (Visor de Aproveitamentos Forestais) ven identificada unha estrutura en estudo ó norte da zona da Medorra do Codeso, no límite entre os concellos de Laracha e Cerceda. O lugar ten o nome de Portaleiras (*Porta Leiras na ficha do Visor).
Vista da estrutura circular, arrodeada de pedras, de Portaleiras, tomada do Google Earth.
No interior da plataforma de Portaleiras non poden crecer os eucaliptos, é como un nemeton.
(C) Dolores González de la Peña, 2021.
No Dicionário Estraviz fornécense tres acepcións para o sustantivo portaleira:
1) Portada sumptuosa em casas solarengas e paços. 2) Pórtico, portal. 3) Espaço polo que se acede a uma quinta rústica que está fechada por um valo de pedra, arame, sebe, etc. Normalmente esta abertura está protegida por um cancelo, um pau ou um conjunto de pedras que se tiram e se volvem pôr depois.
Ó estaren situados os vestixios da estrutura na mesma divisoria de augas entre as bacías do Anllóns e o Tambre, é dicir, no Camiño Real natural do cordal, que ó mesmo tempo é límite dos concellos de Laracha e Cerceda e zona de necrópoles megalíticas (todo elo está estreitamente vencellado), sostemos que o nome de Portaleiras aplicouse no senso de "portada monumental, pórtico", por ter existido alí, soportado pola estrutura ou plataforma do inventario da Xunta, un megálito porticado, cecais un henge, como suxire Ruibal. Non en van, os dólmenes teñen aspecto de portas, eles mesmos ás veces reciben denominacións vernáculas que aluden ás portas, e son considerados portas ó Alén: na Irlanda o de Poll na Bruidne (Acceso ó Outro Mundo, ó Alén), e en Galicia e Portugal, antas, termo que sinala as ucheiras dunha porta de pedra.
As dúas ucheiras da porta do dolmen do Forno dos Mouros nas brañas do Espindro (límite entre Laracha e Cerceda).
(C) Dolores González de la Peña, 2021.
Unha introdución ó Alén
Máis que é o Alén na topografía real de Galicia? Ou, poderiamos formular a pregunta doutros xeitos: por que as necrópoles megalíticas sitúanse nas divisorias de augas / límites territoriais?
O Alén mítico déunolo coñecer a descoberta de Calros Solla, que fai anos recobrou a memoria colectiva da famosa Portalén, nome poético que lle deu á Porta do Outro Mundo (A Porteliña - Barcia do Seixo, A Lama) na súa obra Almanaque dos encantos (2005).
Un dos veciños entrevistados polos investigadores da Asociación Serpe Bichoca foi Xosé Cortizo, de Barro de Arén, que contaba que nos penedos que forman a porta adoitábanse celebrar entrevistas cós mortos: "entraba na porta esa que existe alí, poñía a ofrenda alí no penedo, no pousadoiro do penedo, e facíalle unha pregunta ós mortos; os mortos a través do vento contestábanlle" (vídeo "Monte do Seixo. A montaña máxica. 13: Portalén", 2009).
É pois que os Aléns xeográficos, físicos, son os espazos doutro lado dos lindeiros territoriais entre tribos, que veñen dados naturalmente polas distintas divisorias de augas que conforman as bacías hidrográficas. Non se poden ultrapasar, porque se un os traspasa evidentemente sae do ámbito propio da comunidade protectora, da zona de confort. O Alén é entón o territorio dos outros, o Alén son os outros, como diría Sartre.
Este concepto de Alén xeográfico fortemente tabuado (de tabú) imbrícase ou lígase ás vellas concepcións etnográficas universais dos mortos como seres que xa non pertencen á tribo (1), que quedan, porén, fóra dela, ou sexa, doutro lado da fronteira territorial que arrodea ós que pertencen aínda a ela (os vivos). Logo, ten que ser por isto que as necrópoles megalíticas se sitúan sempre nos cordais das divisorias das augas, pois nelas están os límites territoriais das tribos: deste xeito póñense os mortos fóra da comunidade, nun Alén físico e real que tambén é mítico, pois na franxa liminal sería posible a interlocución cós ancestros, segundo estas cosmovisións tradicionais.
E doutra banda, semella que a narrativa folklórica de levar ós vellos ó monte a morrer, que ten estudado o antropólogo Rafael Quintía en Galicia (Liburna, 2020), ou este ir os vellos ó monte a morrer polo seu pé (ó sitio de Porto do Vello), que documentara Calros Solla en Abelaíndo dun "octo ou nonaxenario que me asegurou que, cando era mozo, lle escoitara dicir a outro ancián que na casa deixaran marchar o seu avó ao Porto do Vello, no monte de Abelaíndo" (comunicación persoal - recollida doutra forma na súa obra Almanaque de Encantos, 2005), ten que ver coa ubicación dos Aléns míticos e as súas necrópoles nestes lugares liminais das divisorias de augas.
É así que o conxunto etnográfico de Portalén (A Porteliña - Marco das Ventás) sitúase xusto na divisoria de augas das bacías hidrográficas do Lérez e o Verdugo, que aquí artella o límite territorial entre os concellos da Lama e Forcarei. Neste punto é posible, segundo a crenza transmitida polos veciños, a comunicación cós doutro lado, cós outros, cós mortos dó Alén, que en certa forma preséntanse como veciños.
Atopamos este Alén contiguo ó mundo dos vivos no conto galés Pwyll no Annwfn, no que o Alén amósase sen solución de continuidade có noso mundo, aínda que posiblemente estea situado noutra dimensión ("Perceptions of Annwn: the Otherworld in the Four Branches of the Mabinogi", Rhian Ress, 2012). Na Enciclopedia de Mitoloxía Céltica de Monaghan sulíñase que "o Alén celta non está situado fóra deste mundo; existe nunha especie de espazo-tempo paralelo, contiguo ó noso, máis non accesible, aínda que certos lugares e momentos do ano permiten a comunicación có Alén" (2004, px. 385).
Os topónimos Portela ou Porteliña que aparecen nestes lugares liminais das divisorias aludirían ás veces á existencia de portais megalíticos (antas, cámaras funerarias adinteladas) construídas nas portas orográficas (pasos); como a anta da Portela do Pau, na raia entre Galicia e Portugal. Nun documento do CODOLGA, do ano 1137 (Oia), vese claramente a identificación entre un destes pasos orográficos cunha anta: "dono uobis in hereditatem uillam Erizanam integram ab illo riuo qui dicitur Vaina usque ad illum portellum cui est nomen Anta".
(1) Refire Lévy-Bruhl na súa obra A Experiência Mística e os Símbolos entre os Primitivos (Río de Janeiro, 2015, px. 85), que nos pobos que preservan aínda a súa cultura primixenia os mortos son simplemente vivos separados dos outros. Na América do Norte, os Cherokees consideran que esta vida e a outra son vidas diferentes no espazo; cando morren eles deixan o seu lar e van para aquel lugar no oeste. Eles falan das persoas que están alá como eles falarían dunha tribo veciña.
O Hío (Cangas) e Duio (Fisterra) quedan aproximadamente á mesma distancia de nove leguas do Castro Lupario (Rúa de Francos), e ámbolos dous topónimos son susceptibles de facerse derivar do étimo Dugium se temos en conta que o primeiro deles adoita aparecer formando parte dun sintagma preposicional que podería non ser tal, "... do Hío", senón unha falsa segmentación dunha forma *Dohío < Dugium.
Esta distancia das nove leguas aparece por exemplo na xenealoxía dos Rivadeneira, curiosa porque acumula case tódolos emprazamentos e mitos ligados ó culto xacobeo nun texto minúsculo; seguramente estes elementos (territorio e mitos) do culto xacobeo integraron os cultos pagáns anteriores fagocitados logo polo cristianismo.
Rivadeneira "Ten seu pazo e solar no castelo chamado Lupario, dúas leguas de Iria, a donde cai Francos, e nove d Ara Sol da cidad de Duio, donde morava Lobo Lobesio fillo da señora Lupa, e fillo de Lobesio Rivaño, seu marido. Eran romanos, e ela, filla de Caio Augusto César Emperador e de súa segunda muller Cornelia. Esta Lupa quedou en Galiça a primeira vez que César trunfou d España. E tivo un fillo chamado Rivaño, que era señor de moitas [terras?]. [...] E Rivaño se convirtou á fe [...] viu ó apóstol Zebedeo quando facía as bodas en Bouzas de Miño a Caia Valeria, e meteuse o caballo no mar, e cobriuse de cunchas e vieiras. E falou cós discípulos do santo no mar, e logo alí o batizaron, e il batizou ós demáis daquela terra, e súa madre Lupa doou o pazo do Burgo ó apóstol Santiago, donde está sepultado, e illa juntamente con algúns seus fillos, ca tuvo moitos. Rivaño está sepultado no castro Illicino, onde reventou o dragón quando os discípulos foron catar ós bois pra llevar ó apóstol de Iria a o Burgo de Libredón, onde agora jaz".
A lenda xacobea da cidade asolagada de Dugium (Duio - Xacopedia) atopámola no Hío, en Barra, que foi cuberta de area ou afundida como unha Atlántida: "algún tempo nas areas de Barra estaba a Vila de Troia que despois foi anegada por castigo" (Cuadernos de Estudios Gallegos, 1971).
O politólogo X. L. Barreiro rexeita a posibilidade de que o culto a Santiago se instalase sobre un culto pagán previo porque non hai noticias da "sustitución de dicho culto sin solución de continuidad -como sucedió en Éfeso, en Roma o en el Monte Gargano-, o si hubiese perdurado la memoria de un antiguo culto de importancia general que hacia los comienzos de la Edad Media plantease todavía un problema para la completa cristianización de la zona. Sin embargo, eso no parece ser así, ya que la ausencia de vestigios sólidos, y la falta de referencias literarias concluyentes no permiten pensar más que en un culto de importancia local" (apud Nieves Herrero, "La atracción turística de un espacio mítico: peregrinación al cabo Finisterre", Pasos, V. 7, nº 2, 2009).
Reducir a un ou outro lugar (O Hío ou Duio) ó Dugium da tradición xacobea ten o seu interese, xa que, logo, podería esclarecer por que o apóstolo Santiago cós seus discípulos acabou por vir, se é que veu persoalmente, á Galicia, a este recuncho onde adoita argumentarse que non habería nada importante que xustificase a súa visita pastoral. E logho, non?
Pois no Facho de Donón (O Hío) atopábase o santuario máis importante da Península, lugar de peregrinación galaico-romano no que se acharon máis de 175 aras votivas adicadas ó deus Berobreo: "el dios a quien se dedican las más de 175 aras recibe el apelativo de Lar Berobreo y no se conoce otro lugar en el que exista tan alta concentración de aras dedicadas a un mismo dios indígena. Además, estas aras tienen la particularidad de ser también estelas hincadas, con connotaciones funerarias, levantadas por dedicantes anónimos. Finalmente, en relación con las aras, consta que comenzaron a ser colocadas a finales del siglo II d.C, prolongándose este ritual durante, al menos, cinco o seis generaciones, hasta que a comienzos del siglo V d.C. aparecen indicios de cristianización y desaparecen las evidencias de su uso" (DECRETO 53/2013, de 14 de marzo, por el que se declara bien de interés cultural, con la categoría de zona arqueológica, el Facho de Donón).
Ademáis "la mayoría de los altares estaban caídos en o muy cerca de su posición original. Muchos se rompieron
in actu [...]. Otras piezas parecen haber sido
destrozadas intencionadamente, posiblemente en un acto ritual y claramente sin un cambio de los paradigmata religiosos tradicionales" (Koch, "El santuario dedicado a Berobreo en el Monte do Facho (Cangas, Galicia)", Acta Paleohispánica 9, 2005). É dicir, o que para Koch supón unha destrución sen motivo, pois non era quen de albiscar o cambio de paradigma relixioso aló polo século V, para nós é unha destrución dos vellos ídolos polo cristianismo primitivo, cecais a mesma que executaron, segundo a tradición, os discípulos de Santiago.
Aras do Facho de Donón (O Hío), algunhas aspadas coas características cruces de Santo André.
(C) Museo Municipal de Vigo.
A inxente cantidade de estelas funerarias converten ó santuario do Facho nun lugar de peregrinación semellante ó de Santo André de Teixido, santuario da morte ó que hai que acudir preferentemente en vida ("vai de morto quen non foi de vivo"). Non é casualidade, pois, que a advocación da parroquia do Hío sexa tambén a de Santo André. O carácter funerario do santuario do Facho convén tamén có motivo lexendario no cal a Raíña Lupa envía ós discípulos a Dugium (O Hío) para darlle sepultura ó apóstolo.
A fundación do Hío, cuxo territorio ten forma de coiro de vaca, segundo se menciona no Catastro de Ensenada ("su figura, la de un cuero de vaca extendido") remite ás delimitacións territoriais arcaicas que temos estudado na entrada "A legua do frade: a demarcación territorial cunha pel de boi" (2020), nas que de novo saen a Raíña Lupa e o apóstolo Santiago como executores das mesmas.
"En medio de la ría hay una isla, que los naturales llaman de Loujo, en la que pastan todos ganados, y en [...] de ella, afuera de las aguas naturales de que usan los animales, hay un mineral que ignoramos su virtud por no se haber hecho análisis de él" (Francisco Varela y Carvajal, para o Diccionario de Tomás López, provincia de A Coruña, s. XVIII, ca. 1778).
Parece que se confirma a historia do burro tiñoso curado milagrosamente na illa da Toxa grazas ás súas augas medicinais ou lodos minerais, contada por Emilia Pardo Bazán no 1899 (A Ilustración Artística); ou polo menos faise máis crible. Máis dun século antes, no 1778, Francisco Varela y Carvajal contaba como o gando pacía na illa e facía uso das súas augas, e precisaba que existían nelas algún mineral saúdable, aínda que non podía asegurar cal era ó non ter aínda analíticas. Estas faríaas Antonio Casares moito despois, no ano 1841.
Sospeitamos que o topónimo na escrita Loujo podería reflictir un caso de gheada, Lougho, e que a forma Louxo sería, polo tanto, unha ultracorrección. Neste suposto, a ubicación da illa nunha zona de marismas nunha ría fai verosímil que o topónimo proveña do proto-céltico *lokus, "lago, marisma, pantano", do cal derivaría tamén o nome de Langosteira (Fisterra), documentado como locustaria na Idade Media.
Publiqué este artículo por primera vez en 2007 en la web Celtiberia.net con el pseudónimo de Onnega.
A Jugimo, porque me mostró este increíble lugar.
Y a Brandan, siempre presto al estudio
de las misteriosas formas berroqueñas.
En Los Barruecos de Malpartida (Cáceres) existe una piedra caballera hueca* a cuyo interior se accede por una estrecha entrada.
Entrada al recinto santuario de Los Barruecos. (C) Carmen Rabasco.
El habitáculo es holgado: dentro caben con comodidad unas tres o cuatro personas erguidas, pues su altura máxima es de 2.05 m. El suelo de la roca sobre la cual descansa la piedra caballera ofrece un aspecto liso, apto para contemplar tumbado, si se quiere, las pinturas que ocupan el interior del bolo granítico. No existe aislamiento acústico de este camarín con respecto al exterior, y la poca luz que penetra es suficiente para contemplar en buenas condiciones los paneles.
La superficie se encuentra erosionada en forma de alveolos o tafonis sobre los cuales se pintaron con pigmento rojo varios motivos mayoritariamente esquemáticos, entre los que destacan puntuaciones o digitaciones, reticulados... Las puntuaciones aparecen desde el paleolítico a menudo sobre relieves redondeados como los de Cueva del Moro (Tarifa).
Alveolos decorados con puntuaciones y reticulados. (C) Onnega, 2007.
En el exterior se encuentran trazas de pintura, así como en el dintel interno de la entrada, marcada también con una cazoleta situada en el suelo y, de forma significativa, en el límite entre ambos espacios externo e interno (sagrado).
Salida del recinto vista desde el interior. La altura es de 25 cm. (C) Onnega, 2007.
El panel más importante es el 5 (clasificación de Sauceda Pizarro) y, según los autores que lo han estudiado hasta ahora, plasmaría “un cuadrúpedo semiesquemático sobre el que se observa un antropomorfo portando un elemento y un tocado” (1). En mi opinión, los motivos figurativos de este panel, situados bajo las digitaciones, podrían estar representando dos animales enfrentados en contacto, estando apenas esbozado el de la izquierda y bastante completo el de la derecha, incluso parece que se aprovechó parte de un resalte natural de la superficie para insinuar la pata trasera.
Panel 5. (C) Onnega, 2007.
La cronología de estas pinturas podría corresponderse con la del asentamiento del Neolítico Final de Los Barruecos, según Sauceda Pizarro, “apuntando, en cualquier caso, hacia la etapa inicial y plena del Calcolítico en Extremadura, principios y mediados del III Milenio a.C., coincidiendo así con la establecida y tradicionalmente aceptada por autores como Ripoll, Jordá o Blázquez, que sitúan el momento de mayor apogeo de este fenómeno en el Calcolítico” (1).
Piedra caballera hueca en cuyo interior se encuentra este diminuto santuario. (C) Onnega, 2007.
*La situación del santuario se señala en el plano de distribución de grabados y pinturas del parque como P2.
(1) Mª Isabel Sauceda Pizarro, Pinturas y grabados rupestres esquemáticos del Monumento Natural de Los Barruecos. Malpartida de Cáceres, Junta de Extremadura, 2001.
Publiqué este artículo por primera vez en la web Celtiberia.net en 2007
bajo el pseudónimo de Onega.
Fotografías: Dolores González de la Peña.
En Europa, el arte rupestre paleolítico al aire libre se circunscribe casi exclusivamente a la Península Ibérica, con excepción del descubrimiento aislado de Fornols-Haut. En concreto puede establecerse una amplia zona en torno al valle del Duero. El descubrimiento del primer yacimiento data de 1981, cuando se localizó el grabado de Mazouco, situado cerca de Freixo-de-Espada-à-Cinta. El gran descubrimiento posterior es el yacimiento de Siega Verde, situado a lo largo del río Águeda entre Villar del Ciervo y Villar de Argañán, en Salamanca, cerca de Ciudad Rodrigo.
La situación junto al cauce de un río es una constante en este tipo de yacimientos; también los locales con los grabados del Vale do Côa se ubican junto a la ribera del río Côa. Este dato puede ponerse en relación con el carácter sagrado de los cursos fluviales para los antiguos lusitanos, posible pervivencia que se habría originado en el paleolítico y se mantendría hasta hace poco, como refleja Leite de Vasconcelos (1) contándonos que para atravesar el Miño hacia Arbo (Galicia) había que llevar una piedrecilla en la boca para no hablar durante la travesía: “falar provocaría a saída de espíritos sobrenaturais, habitadores da água [...]. Quem atravessava um rio, ou lhe punha uma ponte, profanava o seu dominio”; era preciso realizar una ceremonia propiciatoria de las antiguas divinidades fluviales. Otras curiosas supersticiones que nos cuenta: ríos que reclaman víctimas para no salirse de sus cauces, sacrificios para aumentar la potencia creadora de peces, purificación y curación por inmersión en sus aguas. Y dice “se a água dos rios se torna objecto de tanta superstiçao, o povo nao esquece da mesma forma os rochedos em que ela bate”.
Ondulaciones producidas en las rocas de la ribera del Águeda por la erosión del agua.
Panel 10: preciosísimo panel con superposición de un caballo en primer plano y un bóvido mirando en sentido opuesto. Bajo el caballo hay una línea sinuosa cubierta de barro que podría figurar la corriente de agua de la que emerge, siendo el único caso en que un artista paleolítico representa una superficie de contacto bajo un animal, o si se prefiere, un elemento del paisaje.
Estamos en un santuario rupestre al exterior, variante contextual de los santuarios rupestres en cueva. Para de Balbín Behrmann y Alcolea González (2) el arte rupestre al aire libre de Siega Verde, los conjuntos del Côa, Mazouco y Domingo García son la adaptación de grafías paleolíticas que hasta hace poco sólo se conocían en cueva, a la geomorfología exterior de la región del Duero, que carece de ellas. Las superposiciones de animales, por ejemplo, son un tema que se produce tanto en el arte rupestre en cueva como en el exterior. En la cueva de Chauvet encontramos varios casos de superposiciones, y también en el Vale do Côa.
Panel 3 de Penascosa (Vale do Côa), uno de los más emblemáticos del valle, compuesto por animales sobrepuestos y enfrentados, tema bastante corriente en el arte cuaternario entre los periodos Gravetiense y Magdaleniense.
Panel 5 de Penascosa (Vale do Côa): cabra montés de perfil absoluto en la que se observan las características extremidades inacabadas frecuentes en el arte paleolítico.
El yacimiento de Salamanca se organiza de forma similar a la de los numerosos conjuntos clásicos en cueva, en paneles con cierta unidad donde se utilizan las formas naturales -marmitas de gigantes y los relieves cóncavos de los paleolechos fluviales- para situar figuras o sugerir las formas de los animales.
Panel 5: situado en un recinto natural de rocas, es uno de los más llamativos del yacimiento. Las figuras están piqueteadas, en el interior del bóvido se distingue, según la guía de interpretación, la figura de un cánido. Sobre él y a la derecha, un prótomo de caballo y el de otro cuadrúpedo, también un soliforme.
Se documenta la existencia de dos técnicas, piqueteado e incisión, y su empleo se debe a criterios temáticos. Piqueteado - bovinos, équidos y signos complejos. Incisión - cérvidos y cápridos.
Sector izquierdo del gran panel número 8 con un équido piqueteado que presenta el despiece característico de todos los caballos de este yacimiento, con los distintos rasgos anatómicos marcados: crin y líneas que señalan el cambio del color del pelaje y la pata.
No toda la comunidad científica acepta una cronología paleolítica para estos yacimientos: la polémica comienza en los yacimientos del Côa, afectados por el proyecto de construcción de un embalse. El gobierno portugués obliga a Electricidade de Portugal a que investigue la datación de los grabados y se contacta con Bednarik y Watchman. Los resultados obtenidos por estos investigadores apuntan a una edad holocena para los grabados del Côa, y en consecuencia se cuestiona la cronología paleolítica de los demás yacimientos al aire libre de la península. Bednarik (3) mediante el análisis de la microerosión, técnica experimental diseñada por él mismo en 1992, los data sobre 6500+-2000 BP, aunque señala que “this age estimate is only tentative as no micro-erosion calibration curves are available for Portugal”. Watchman realizó mediante AMS un análisis del contenido de radiocarbono en muestras de concreciones minerales formadas sobre los grabados, obteniendo datos tan extraordinarios como que una locomotora grabada hace 100 años en el valle tenía una edad de 6500 BP. Estos datos aparecen reflejados en el estudio de Bednarik junto con otros argumentos como la inexistencia de especies extinguidas en las representaciones portuguesas. Pero “la ausencia de fauna extinta no es un criterio que pruebe la cronología no paleolítica de un yacimiento artístico. Si fuese así, la mayor parte de las cuevas consideradas como paleolíticas deberían rechazarse como tales. El argumento es, de hecho, al contrario: la presencia de fauna extinta constituye un criterio incuestionable para atribuirle una edad paleolítica a una representación artística” (4). Zilhão (5) rebatió en un excelente artículo todos los argumentos anteriores, denunció el empleo de métodos de datación experimentales y poco fiables, así como un profundo desconocimiento del contexto arqueológico por parte de estos investigadores.
Conjunto del gran panel número 8: a la izquierda caballo rampante, hacia la derecha y en un piqueteado más fino otro équido. La gruesa línea piqueteada que atraviesa el panel por el medio es el lomo de un enorme bóvido, del que se observa uno de sus cuernos asomando en la parte inferior derecha. En este panel hay una diferencia en la erosión del soporte horizontalmente: la zona inferior estuvo sumergida y presenta una superficie muy pulida, y al contrario, la zona que no llegó a estar cubierta por el agua es de un aspecto más áspero, por la acción del viento. Es un interesante dato que podría contribuir a la datación de los grabados, realizados antes de una época (a determinar) en la que hubo una importante subida del nivel de las aguas durante un largo periodo de tiempo.
Sector inferior derecho del gran panel número 8 con la cabeza del bóvido en perspectiva oblícua. El cuerno delantero se piqueteó en la zona que después quedó sumergida (aspecto pulido y oscuro). El cuerno de atrás, en la zona expuesta al viento, tiene distinta textura y en el piqueteado se encuentran concentraciones ferrosas que le dan ese aspecto rojizo. Presenta el característico despiece en el morro.
NOTA
Los números de los paneles se corresponden con los números de la guía de interpretación del yacimiento de Siega Verde y con los utilizados en la monografía de Antonio Martinho Baptista: No tempo sem tempo. A arte dos caçadores paleolíticos do Vale do Côa, Vila Nova de Foz Côa, Parque Arqueológico, 1999.
REFERENCIAS
(1) José Leite de Vasconcelos: “Superstições de rios, encaradas geneticamente”, en Etnología. I, Lisboa, Imprensa Nacional, 1938, pg. 521-39.
(2) Rodrigo de Balbín Behrmann y José Javier Alcolea González: "Siega Verde et l’art paléolithique de plein air: quelques précisions sur son contenu, sa chronologie et sa signification", en Les premiers hommes modernes de la Péninsule Iibérique. Actes du Colloque de la Commission VIII de l’UISPP, João Zilhão, Thierry Aubry y António Faustino Carvalho (eds.), pg. 205-236, 2001, Portugal.
(3) Richard G. Bednarick: "The Côa petrogliphs: an obituary to the stylistic dating of Palaeolithic rock-art", Antiquity, 1995, 69, pg. 877-83.
(4) Rodrigo de Balbín Behrmann y José Javier Alcolea González, op. cit.
(5) João Zilhão: "The age of the Côa valley (Portugal) rock art: validation of archaelogical dating to the Palaeolithic and refutation of scientific dating to historic or proto-historic times", Antiquity, 1995, 69, pg. 883-901.
Atopamos este topónimo galego coas dúas formas, Altiboia / Altiboa (Ordes, Tordoia e Carballo). Parécenos un composto bitemático das palabras anta, "marco, dolmen, túmulo" e bóveda, "recinto pecuario para o gando bovino / pastos / chozo do pastor", o cal na súa evolución, con perda da semiconsoante wau e da consoante sonora intervogálica bo(w)e(d)a, resulta nunha forma *boea > boia / boa, xa que a iode pode entenderse como epentética e non etimolóxica (v. por exemplo a alternacia de formas como cea e ceia).
Temos rexistrado noutro caso a confluencia do termo anta coa forma provinte do latín altam, "elevada": así o topónimo extremeño Altagiturma, que explicamos como Antas y Turmas, nunha zona de gran concentración de megálitos.
En canto ó segundo compoñente, Xosé Lluis García Arias remíteo á liña románica, facéndoo provir directamente do latín bovem, "boi", e non do céltico ou do indoeuropeo *gwou, "vaca", como pensamos: "en relación con BO(V)EM tenemos, asimismo, la serie de topónimos del tipo bovia originados, probablemente, en *BOVIAM ‘lugar apropiado para los bóvidos’. La traducción está perfectamente bien efectuada como manifiesta un documento medieval que al referirse a Cueiru, brañas o pastos altos en Teberga, habla [...] de “illam bouia de Quero” (Toponimia Asturiana).
Na documentación peninsular a testemuña máis antiga é do ano 572 na Gallaecia: "et inde per cacumina montium usque ad Bovia que dicitur de Vaccas" (Liber Fidei de Braga). Nun contexto que é ben esclarecedor das funcións pecuarias destas bovias > -boias / -boas.
Altiboia ou Altiboa sería entón un topónimo de orixe prerromana que indicaría a existencia dunha mámoa ou túmulo nuns pastos adicados ás vacas, ou cecáis do conxunto que podería ter aparecido xa no neolítico e que estaría formado por as antas e os chozos dos pastores. Se queremos expresalo en latín: Antae et Bovedae (nom. pl.). Menos probable semella interpretar Altiboia / Altaboa como pastos (bovia) situados no alto, xa que a elevación sobre o chan dos lugares denominados así non é sempre característica dos mesmos.
Castro de Altiboia en A Pedreira (Santa María de Leira - Ordes).
Oitocentos e un marcos, exactamente, son os que sinalan a fronteira entre España e Portugal segundo a "Acta general de demarcación de la frontera entre los dos países", dada en Lisboa no ano 1906. Na demarción utilízanse fitos naturais ou artificiais (feitos polo home nas máis variadas épocas), dende antigas mámoas a mollóns novos, como o marco número 23 que coroa o túmulo megalítico da Mota Grande.
Marco 23 no alto da Mota Grande cunha P grabada do lado portugués. (C) Andregoto Galíndez, 2009.
Na nosa visita do 2009 á fronteira que vai dende A Portela de Pau ata a Mota Grande, subindo dende o lugar de Rodeiro (Castro Laboreiro - Portugal) para ver a necrópole megalítica raiana da Mota Grande, chamárannos moitísimo a atención uns aliñamentos de pedras fincadas que os investigadores do colectivo Roman Army veñen de identificar cos cabalos de Frisia dun recinto que consideran o campamento romano máis antigo que se conserva na Gallaecia (século II a.C.), e o de maior tamaño: o campamento de Lomba do Mouro ("As datacións sitúan o recinto de Lomba do Mouro como o campamento romano máis grande e máis antigo de Galicia e norte de Portugal", Roman Army.eu, xuño de 2021).
Aliñamento de pedras fincadas achegándonos á Mota Grande. (C) Iago Martínez Madera, 2009.
Aliñamento de pedras fincadas preto da Mota Grande. (C) Iago Martínez Madera, 2009.
Ó ser o recinto dun tamaño descomunal, sáese dos canons dos campamentos romanos de campaña, das ratios destes. Ademáis, temos que ter en conta o feito interesantísimo de que o perímetro do recinto encerra tódolos túmulos dunha necrópole megalítica, salvo o maior deles, que queda fóra.
Ante a falta de achádegos que amosen a permanencia nel dunha lexión romana (moedas, cravos de sandalias, etc.), nós pensamos (ou polo menos non descartamos) que a función do recinto podería ter sido a que suxiren Ashwin y Bates para algúns peches de finais do Ferro en Inglaterra: "that the enclosures are "another exemplar of a tradition in the ritual and funerary re-use of earlier prehistoric monuments" and it is understandable that both the late Iron Age and Roman inhabitants would have chosen to use the site in this way, since it contains the most numerous group of Bronze Age barrows" ("Iron Age and Roman square enclousures near Venta Icenorum", Peterson, 2004).
Polo tanto, a tradición funeraria vinculada ós lugares que ocuparon as necrópoles do Bronce manteríase ata o Ferro promovendo a súa reutilización e cecais o peche defensivo para evitar que o gando pacese no lugar. De feito, a tradición funeraria do espazo da necrópole da Mota Grande mantívose ata hoxe en día, pois no pobo de Rodeiro no 2009 falamos cun señor que nos explicara que no alto atoparíamos as "dantas" onde enterraban os mortos.
En canto ó nome do recinto a partires do topónimo onde se ubica, Lomba do Mouro, temos constancia pola cartografía antiga e pola devandita Acta de establecemento da fronteira entre España e Portugal, de que o sitio recibía o nome de Lama de Ouro, sendo este un topónimo que con moita frecuencia serve para nomear lugares de pasto (pola humidade do terreo propia dos lameiros): "o marco numero 22 está collocado na Lama de Ouro, muito proximo de umas rochas vivas com cruzes antigas [...] No alto de um monte chamado Mota Grande encontra-se o marco número 23, distante 193 metros do marco numero 22". Quere dicir que o lado leste do recinto, que corre entre Lama de Ouro e Mota Grande, serviu tamén de fronteira.
Marcos 20 a 23 en liña: Portela de Pau, cruce có camiño de Xacebáns a Rodeiro, Lama de Ouro e Mota Grande. (C) IGN. Comparador de mapas: capa das Minutas Cartográficas.
Mansão do Guerreiro. (C) IGN. Comparador de mapas: capa MTN Actual.
Na zona, o aparentemente interesante topónimo da Mansão do Guerreiro, que podería axudar a soster a hipótese do campamento romano, e que figura no mapa MTN Actual do Instituto Xeográfico Nacional, non ten que ver con guerreiro ou lexionario algún. Meijão ou ameijoada é un redil onde se xunta (ameijoar) o gando para pasar a noite; Guerreiro é un hidrónimo, variante por metátese do máis común regueiro.
A nosa proposta vai entón na liña dos causewayed enclosures neolíticos (chousas ou peches discontinuos), dos que o recinto de Lama de Ouro / Lomba do Mouro podería ser o primeiro caso documentado no noroeste da península, e que amosaría a pervivencia sacra dos recintos funerarios / rituais do Bronce ata ós inicios da romanización do noroeste (século II a.C. segundo as datacións fornecidas por Roman Army).